MORRAZOALDÍA 13/05/15

IMG_4678

Cultura e educación, puntos básicos de ACE

Xosé Manuel Pazos destacou a necesidade de mellorar as instalacións culturais nas parroquias e crear unha brigada específica de obras para o mantemento dos centros educativos entre outras propostas.
M.M.P.|| Esta mañá o salón de plenos do Concello acolleu o proxecto de Alternativa Canguesa de Esquerdasen materia de cultura e educación. A presentación foi realizada polo candidato á Alcaldía Xosé Manuel Pazosacompañado de Tania Castro, número catro da lista. Pazos destacou que a cultura será un punto forte no seu programa, recalcando que “téndese a pensar que a cultura é un luxo ou un adorno, pero para nós é un ben público, algo que nos fai máis libres”.
O candidato por ACE destacou que a pesar de que o Concello ten un bo auditorio municipal, hai “moito que mellorar en infraestructuras, sobre todo nas parroquias”. Para iso, propoñen a creación dun centro cultural-biblioteca parroquial en Darbo e Aldán para mellorar as prestacións locais existentes. Igualmente, inciden en mellorar as instalacións da Escola Vella de Coiro para poñela a disposición dos colectivos parroquiais.
Para a coalición é un piar básico o apoio á creación cultural e ter unha programación estable durante todo o ano. “A cultura non é só un acto de creación, ten que ser un motor económico”, asegurou Xosé Manuel Pazos, que destacou a necesidade de recuperar a participación na Rede Galega de Teatros e Auditorios para volver ter unha programación de danza, teatro e música galega “de calidade“. Isto realizaríase a través dunha maior potenciación da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ou o certame Arte no Morrazo entre outras. Igualmente, tamén potenciarán a Escola Municipal de Música, o Conservatorio e aEscola Municipal de Artes Escénicas.
Por outro lado, o candidato e ex concelleiro de Cultura, quixo recalcar a necesidade de recuperar e mellorar a Festa de recreación histórica María Soliña. O desembarco dos turcos, como elemento cultural, pero tamén como elemento económico.”Cangas ten encanto suficiente para que a xente veña”, afirmou Pazos. Outros dos puntos que quixo destacar como esenciais son a recuperación do patrimonio industrial das naves de Ojea para poñer en funcionamento, entre outros obxectivos, a Fundación Bernardino Graña e crear unha sala de usos múltiples e de concertos ou a tramitación de declaración de Ben de Interese Cultural para as instalacións deMassó como paso previo á súa recuperación efectiva.

Educación
Outro dos puntos clave do programa de ACE para as eleccións do próximo 24 de maio é a educación. Pazosdestacou que as actuacións da Administración Local deben ir encamiñadas a mellorar este “dereito básico e fundamental”, polo que dentro do seu proxecto levan unha aposta decidida por unha mellora nas instalacións e no mantemento dos centros escolares, algo que realizarán a través dunha brigada de obras específica que se centrará unicamente nestes lugares.
O representante de Alternativa Canguesa de Esquerdas tamén apuntou a importancia de coordinar as actuacións e manter un diálogo constante coa comunidade educativa de Cangas, tanto cos equipos directivos e consellos escolares coma coas ANPAS do Concello, coas que mostraron un compromiso “total”.