CANGAS PRECISA DUN ESPAZO DE REUNIÓN XUVENIL

Membros de ACE reúnense con diferentes colectivos para coñecer as necesidades da mocidade canguesa

Naves de Ojea // Arquivo FdeV
A coalición ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA – ACE está a celebrar ao longo destas semanas previas ao comezo da campaña electoral diferentes xuntanzas con asociacións, federacións e agrupacións veciñais para establecer un intercambio de ideas e complementar e adecuar o programa electoral co fin de recoller as necesidades reais d@s veciñ@s de Cangas.

Concretamente esta mañá celebrouse no Concello de Cangas unha reunión sectorial que versou sobre mocidade e as súas inquedanzas reais, reunión á que asistiron pais, nais e moz@s das diferentes parroquias canguesas.

Por parte de ACE estiveron presentes os encargados desta área do programa: ANDRÉS GARCÍA BASTÓN (número 4 de ACE e estudante de último curso de proxectos de edificación , TANIA CASTRO (número 5 de ACE e arquitecta), ADRIÁN PENA (número 6 de ACE e bombeiro) e TAMARA RUIBAL (número 11 de ACE e Licenciada en Belas Artes).

Nesta reunión expúsose, entre outras, a idea que ACE ten recollida no seu programa, e que versa sobre a necesidade dun espazo de reunión xuvenil, instalación coa que contan outros concellos da nosa comarca e que aínda non existe en Cangas. A idea foi moi ben acollida e como remarcou unha das nais presentes “unha comunidade que non atende as necesidades dos  seus nenos é unha comunidade sen futuro”. “Perfecta” foi considerada a ubicación proposta polo equipo de ACE para o espazo xuvenil, o edificio da antiga Cámara Agraria ou as Naves de Ojea, posto que como Tania Castro manifestou “trátanse de insfraestructuras municipais xa adquiridas, polo que o gasto sería menor”. Concretamente, as Naves de Ojea se poderían adaptar para transformalas nun espazo xuvenil multiusos que poida acoller concertos entre outras actividades.

Deste encontro xurdiu tamén a necesidade de máis espazos verdes e de paseo que nos conecten coa natureza, así como a reutilización de certos espacios en desuso no concello para uso e disfrute dos veciños e veciñas de Cangas. Tamén se trataron outros asuntos urbanísticos, que ACE presentará nun acto público no Salón de Plenos do Concello de Cangas o vindeiro 18 de maio.


Esta tarde continúaron as reunións con diferentes colectivos na parroquia do Hío.

05.05.2015