ACE INAUGURA O PASEO DAS CONSERVEIRAS


A coalición rinde homenaxe ás conserveiras e aos mariñeiros

Alternativa Canguesa de Esquerdas celebrou hoxe un acto simbólico nas inmediacións das instalacións da conserveira Massó, inaugurando o novo paseo como PASEO DAS CONSERVEIRAS e colocando unha placa ao comezo do mesmo, na propia fábrica de Massó. Este é o compromiso en firme de ACE, segundo asegurou esta tarde Mariano Abalo, se goberna Cangas despois das próximas eleccións municipais.


O acto de hoxe converteuse nunha homenaxe ás veciñas e aos veciños de Cangas que coa súa loita permitiron que o Salgueirón se recuperara para o disfrute público, e non pasara a propiedade privada como estaban dispostos a permitir outras formacións políticas.


O candidato de ACE á alcaldía, Xosé Manuel Pazos, destacou que este paseo debe quedar como lembranza desas mulleres que co seu esforzo levantaron a conserveira Massó.

Asemesmo destacou a necesidade de erixir un monumento en homenaxe aos mariñeiros, que en Cangas non hai ningún, a eses mariñeiros que perderon a vida no mar e dos que nunca se pudo recuperar os seus corpos. Un monumento ao que as súas familias poidan levar flores na súa lembranza. E o entorno da conserveira, e a súa zona verde eran o entorno ideal para a súa instalación.
Pazos sinalou tamén a importancia que supuxo para Cangas a recuperación do seu patrimonio industrial e comprometeuse a darlle un uso adecuado ás necesidades dos veciños e das veciñas de Cangas.