CHARLA DE ACE EN CIMADEVILA



Este martes pola tarde varios integrantes da candidatura de ACE mantiveron unha charla c@s veciñ@s de Cimadevila no Local de Ensaios. Nesta xuntanza estiveron presentes Leticia Mariño (integrante da candidatura de ACE), Mariano Abalo (número 2 da candidatura de ACE e actual concelleiro pola formación) e o candidato á alcaldía e actual portavoz de ACE no Concello, Xosé Manuel Pazos . Os representantes de ACE expuseron as súas propostas para a mellora do barrio, e recolleron as inquedanzas d@s veciñ@s, moi preocupados pola suba de varios impostos municipais.