ACE DINAMIZA O CASCO VELLO DE CANGAS

A candidatura de ACE (Alternativa Canguesa de Esquerdas), acompañada dun nutrido grupo de simpatizantes estivo presente este domingo, 11 de maio,  nas rúas do casco vello de Cangas informando a veciños e comerciantes locais das súas propostas programáticas para esta zona do concello. Afondando na idea de dinamizar o centro histórico de Cangas, a candidatura contou co apoio de varios músicos locais.
ACE (Alternativa Canguesa de Esquerda), na súa defensa do Patrimonio Histórico propón a aprobación e realización de diferentes medidas para recuperar o Casco Vello de Cangas.
E non só no seu aspecto urbanístico, senón tamén no seu aspecto social e lúdico.
Dende ACE consideramos que é moi importante dinaminar a zona vella, programando eventos e facilitando aos comerciantes locais que desarrollen a súa actividade con total normalidade. Para ACE é inadmisible a actuación que estaba levando a cabo o actual equipo de goberno con temas como a concesión de licencias para as terrazas, algo que ata o de agora non se estaba a realizar de xeito obxectivo, senón máis ca interesado.
Asemesmo para ACE é de vital importancia o impulso ao desenvolvemento turístico de Cangas e ao comercio local, co apoio do Concello ás iniciativas de dinamización e recuperación económica.