Abalo e Pazos presentan os puntos básicos e urxentes para avanzar na transparencia e na democraticación do Concello

Mariano Abalo e Xosé Manuel Pazos, presentaron una serie de medidas para acabar co escurantismo, o caciquismo e os trancos á participación veciñal que caracterizaron ao goberno de dereitas nos últimos catro anos.

  • Diálogo permanente coas persoas e os colectivos sociais e veciñais cara a afrontar as necesidades reais do Municipio.
  • Creación dos Consellos Parroquiais como interlocutores do goberno e recoñecemento das parroquias, como entes diferenciados e con necesidades específicas.
  • Elaboración de Orzamentos participativos.
  • Someteremos a consulta popular todas as decisións importantes que afecten á maioría da poboación.
  • Transparencia. Todos os acordos do Pleno e da Xunta de Goberno, así como as contratacións de persoal, obras e servizos, serán de coñecemento público nun tempo asumible, e non con retraso de meses na publicación.
  • Participación. Elaboración e aprobación dun “Regulamento de Participación Veciñal” que permita aos colectivos e ás persoas propoñer asuntos a debate plenario e participar, solicitándoo, nos asuntos que lles afecten, sen ter que agardar a que remate a sesión nese revoltallo chamado “rogos e preguntas”, que ademais non constan na acta. 


ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS – SON

GAÑA CANGAS!