Abalo: "A consideración de ACE-Son como novo partido proba a pouca credibilidade da democracia"

O concelleiro de ACE Mariano Abalo manifesta que a decisión da Xunta Electoral de Zona de Pontevedra de considerar á formación política ACE-Son como un partido novo e outorgarlle esa mesma representación no reparto de espazos electorais non foi ben recibida, pero considera que este feito non lles apartará do verdadeiro obxectivo, acabar co goberno da dereita.

Mariano Abalo sostén que a polémica decisión non fai outra cousa que referendar a falta de credibilidade da democracia española e recorda que a representación que ACE ten no Concello de Cangas é pública e notoria. Afirma que demostra a falta de credibilidade dos tribunais, que prexudica sempre aos máis débiles, pero insiste en que non lle sorprende decisións deste tipo. Di que non lles vai a afectar e que a mensaxe aos cidadáns de Cangas vai chegar igual. "Non nos vai sacar o sono a Xunta Electoral de Zona".



A terminación Son é unha fórmula promovida por Anova e Esquerda Unida para que se poidan computar os votos á hora de elixir despois aos deputados provinciais, co propósito, segundo Mariano Abalo, de impedir que a dereita continúe dirixindo a Diputación Provincial de Pontevedra de forma caciquil.

Fonte: FdeV