ACE afirma que a ampliación do bordo litoral debeuse de sacar noutro concurso

O grupo municipal de ACE, concretamente o seu concelleiro Mariano Abalo, asegura que o paseo que se fixo en Massó non debe confundir aos veciños de Cangas. Asegura que toda actuación nesta zona debeu de estar informada por Patrimonio, algo que non se levou a cabo.

Mariano Abalo denuncia que a obra do bordo litoral prolóngase demasiado e a ampliación dos traballos inicialmente previstos supera o 20% do orzamento orixinal, o que obrigaría a sacar os traballos a un novo concurso público. Tamén apunta que aínda non está ben definido que parte váiselle a ceder ao Concello de Cangas e que a Costas. Ademais, deixa claro que a cesión, nos términos que se suscita, é un agasallo envenenado, xa que o mantemento debería ir acompañado de partidas presupostarias para as obras que son necesario realizar, de non ser así o gasto que supoñería para o Concello sería insoportable para as súas arcas. "Todo o que se ceda debe ir acompañado dunha partida presupostaria", apunta Mariano Abalo.


Esta semana comezou a instalación da barandilla que une Frigoríficos de O Morrazo con Massó. Era algo que os veciños da zona pedían desde fai tempo, porque existía o risco de que caesen tanto persoas como coches. Esta obra pertence á ampliación de mellora do bordo litoral que realiza a Autoridade Portuaria de Vigo.

Fonte: FdeV
30.04.2015