Día das Mulleres Traballadoras

 Con motivo do Día das Mulleres Traballadoras, “Rede Igualdade”, a nova área de Alternativa Canguesa de Esquerdas, organiza para o vindeiro 7 de marzo de 2015 ás 6 da tarde, a proxección do documental “Cuidado Resbala”, seguido dunha Charla-Coloquio na que intervirán Yolanda Díaz (Deputada de AGE no Parlamento de Galicia), Maruchi Álvarez (Concelleira de ACE en Cangas) e Aurora Prieto (membro da Asociación de Mulleres “Escola Vella de O Hío”). O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Cangas.  



O documental de 63 minutos de duración retrata o traballo oculto que as mulleres levan séculos desenrolando nas labouras domésticas como empregadas do fogar e nos coidados dos nosos maiores, das crianzas e das persoas enfermas e discapacitadas. Os testemuños das participantes, na súa maioría do colectivo inmigrante, e de varias Asociacións de Empregadas do Fogar, son a base para un filme de denuncia do machismo social e das precarias condicións laborais que sofren estas traballadoras en España. 

No coloquio analizaremos a necesidade de políticas favorables para o sector, dada a desigualdade social e laboral e a discriminación que padecen estas mulleres na nosa sociedade que, afectada pola crise e as destructivas políticas socio-económicas do neoliberalismo, non valora suficientemente o coidado da saúde e do benestar familiar, sexa remunerado ou non. Reivindicando así mesmo e celebrando que grazas a todas estas mulleres o mundo móvese!