O 25 de febreiro apoiemos as mobilizacións cara o 21M a Madrid

As Marchas da Dignidade acordaron manifestarse xuntando a clase operaria e a tódolos movementos sociais o 25 deste mes nas principais urbes galegas pra ir xuntanto forzas cara o 21 de marzo. A gran mobilización de Madrid levará, un ano máis, a maioría agredida a mobilizarse reclamando Pan, Traballo e Teito. Apúntante na CUT pra ires no tren ou bus ou chama ó número 986 39 20 03 se es do Morrazo.

Acode o mércores 25 de febreiro coas Marchas da Dignidade á túa cidade ou urbe máis próxima a reclamar os nosos dereitos como se estableceu na asemblea estatal das Marchas celebrada en Cangas o pasado mes. Amais do 21M, as Marchas da Dignidade convocarán unha Folga Xeral obreira e de consumo pra o mes de outubro. Aquí e agora, como en 1936, unidade popular fronte á barbarie.

Aproveitamos para lembrar que continúan as concentracións e asembleas públicas dos venres diante do concello de Cangas ás 20:00 onde se planifican as actividade encamiñadas a estos grandes eventos que figuran como prioridades ineludibles na axenda das Marchas da Dignidade no nosa nación e no resto do Estado.

Por Dignidade.
Pan, Traballo e Teito.