A asemblea estatal das Marchas da Dignidade aprobou en Cangas a actividade contestaria do 2015

Os grandes obxectivos deste ano son a mobilización de carácter estatal en Madrid o vindeiro 21 de marzo e a gran folga xeral de traballo e de consumo que terá lugar o 22 de outubro. As Marchas da Dignidade fan un chamamento social para pórse a funcionar e dar superado con éxito estas dúas datas emblemáticas. Tomaremos a capital do Estado máis unha vez e a maioría social traballadora e damnificada levará a cabo unha folga que fará tremer os cimentos do capitalismo e das oligarquías dentro do Estado Español.
A xente que teña pensado ir a Madrid en tren pra a manifestación do 21-M lembrámoslle que é mellor encargar o billete canto antes no sindicato CUT, ó lado da Fonte Ferreira no caso de Cangas, para facilitar os preparativos á organización das Marchas. Tamén para facelo e aclarar calquera información podes chamar ó número da CUT na nosa localidade: 986 39 20 03

Sen mobilización non hai solución.

Pan, Traballo e Teito.