Colaborando coas Marchas cara o 29N

Na comarca de Morrazo comeza o traballo dos distintos colectivos pra pór en funcionamento os preparativos da gran mobilización do 29N en Compostela e das súas manifestacións de quecemento do 6 de novembro nas principais localidades do país. 

O local do sindicato CUT en Cangas (na Fonte Ferreira) abre as súas portas pra que toda aquela persoa ou colectivo que queira coloborar con esta convocatoria das Marchas da Dignidade poida achegar o seu gran de area a este ilusionante poxecto. Podes achegarte por alí calquera día da semana de 10:00 a 13:00 da mañán e de 17:00 a 20:00 da tarde.

Únete e colabora coas Marchas da Dignidade contra o capital e en favor das clases populares.

Camiñando cara o 29N, Cangas e Morrazo ocuparán o Obradoiro.

Este sistema non serve.