ACE convoca o pobo a unha asemblea informativa sobre a suba do IBI

A Alternativa Canguesa de Esquerdas vén denunciando nas últimas xornadas a descarada suba do IBI nos últimos tempos. Estamos a falar dun 62% nun período de tres anos e é un feito constatábel nos recibos da nosa veciñanza que xa ten amosado publicamente a súa indignación.

Atendendo as peticións dende distintos sectores populares mirámonos na obriga de convocar unha asemblea informativa pra explicar este despropósito en tempos de crise e de carestía xeral. Aínda que o alcalde Sotelo se dedique a negalo na prensa nós convidamos o rexedor local a que acoda mañán venres 10 de outubro ás 20:00 horas a asemblea informativa, que é pública, á que explique este aumento inaudito e, xa de paso, a suba que ten prevista pra o vindeiro ano 2015 (calquera persoa que o desexe pode consultalo no BOE).

ACE está e vai seguir estando en contra da suba de ningún imposto. Entendemos que son tempos de investir nos sectores públicos e nos servizos que beneficien o pobo da forma menos gravosa.

Se queres ter información sobre ese recibos abusivos que te estiveron a chegar do IBI acode mañán ó salón de plenos e adoptemos medidas entre toda a veciñanza pra pór fin a este abuso. Esperámoste.