ACE súmase ás Marchas pra rodear o parlamento


A Alternativa Canguesa de Esquerdas e as súas bases súmanse á convocatoria das Marchas da Dignidade pra rodear o parlamento galego en manifestación o vindeiro sábado 21 de xuño. A mobilización comezará ás 12 do mediodía dende a estación de tren de Compostela. A convocatoria ten tamén un carácter estatal pois simultaneamente rodearanse os outros parlamentos das distintas nacións e territorios do Estado Español.

A estratexia unitaria rexida pola máxima de "Pan, traballo e teito" é a vía máis eficiente que atopan hogano os nosos pobos pra acabar cun réxime corrupto e acadar os dereitos sociais e e nacionais que lle perterncen ás clases populares de Galicia e do resto do resto da península.

A seguir, facilitamos a listaxe cos horarios do transporte e os lugares onde vos podedes inscribir a esta gran manifestación pola dignidade que non acabará o 21 de xuño pois, unha vez pasado o vran, temos prevista unha gran manifestación nacional, tamén en connivencia co que fagan as Marchas no resto do Estado, na que ateigaremos a Praza do Obradoiro plantándolle cara ó capitalismo ata as últimas consecuencias.