ACE segue apostando pola unidade popular e a mobilización permanente



A Alternativa Canguesa de Esquerdas despois das mobilizacións do 1 de maio en todo Galicia e máis en Cangas quere expresar a súa gratitude pola éxito das manifestacións, nomeadamente aquelas que sustentaron os máis de trinta colectivos que se aglutinan na Columna Galega das Marchas da Dignidade.

A nosa agrupación quere reafirmar o seu apoio e compromiso con aquelas estratexias que procuren a unidade popular abrindo fronte amplas onde teñan cabida tódolos movementos sociais, sindicatos e partidos de corte anti-sistémico. Unha mostra desta vontade política da que, modestamente, podemos dicir que somos pioneiros, foi a marcha popular que tivo lugar este 1º de maio en Cangas onde unhas 2000 persoas percorreron as rúas reclamando unha vida digna e a persistencia na loita obreira dende unha perspectiva global e aglutinante. 

Deixámosvos aquí o video da manifestación en Cangas e seguimos dicindo que hai que continuar, sede valentes e vertede solidariedade alí por onde vaiades porque vai ser a única forma que nos ha de levar, tarde ou cedo, a unha vitoria ineludíbel na que o capitalimo e quen o ampara non van ter, evidentemente, nada que pintar.

Tódolos venres a rúa en Cangas (a partir das 21 horas diante do concello).
Avante coas Marchas da Dignidade!