Abalo e Pazos intervirán no mitin central de AGE en Europa

Este domingo 18 de maio terá lugar un acto da Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEE) no Auditorio Municipal de Cangas ás 12:30 da mañán. A candidatura que avoga pola fronte ampla de unidade popular está encabezada pola histórica sindicalista do agro Lidia Senra que terá, loxicamente, un papel protagónico neste acto público.

Os concelleiros da Alternativa Canguesa de Esquerda (ACE) Xosé Manuel Pazos e Mariano Abalo apoiarán con senllas intervencións a  candidatura rupturista encabezada por Senra. Ó encontro tamén está convocada a Vice-voceira da AGE no parlamentento galego, Yolanda Díaz. Asemade, contaremos coa aparición de Xosé Manuel Beiras, Voceiro da AGE e un histórico indiscutíbel do noso nacionalismo e que hoxe mesmo protagonizou, á par que X.L. Méndez Ferrín, unhas memorábeis alocucións nun ateigado Palacio de Congresos de Vigo.





A seguir, deixámosvos, por un lado, o cartel do evento por se o queredes difundir, e tamén, dous artigos de Ferrín apoiando a canditatura de AGE en Europa e que foron publicados no Faro de Vigo. Que vos preste  lectura e, xa sabedes, o domingo 18 todo o mundo ó Auditorio Municipal de Cangas.
É a hora do pobo!

Artigo "Todos contra AGE", de Ferrín.
Artigo "Con Lidia Senra", de Ferrín.