A represión inaugura unha nova xeira: seis persoas detidas en Compostela

Seis persoas novas veñen de ser detidas na capital da nosa nación. As autoridades policiais e os medios colaboracionistas, que non tardaron en se facer eco da noticia demonizando a esta xuventude, vinculan estas detencións coas protestas dos mariñeiros do cerco levadas a cabo en Compostela o pasado 11 de marzo.

E é que a solidariedade obreira o capitalismo cóbraa e pretende coutar os lazos de unión entre o estudantado e á clase traballadora á que pertence. Toda unha campaña de desprestixio cara a mocidade xa está en marcha amais da conseguinte represións policial en forma de malos tratos e denuncias xudiciais por cargos de toda índole onde a policía española non escatima en esforzos pra que se sancione o máis fortemente posíbel a estas persoas.

A Alternativa Canguesa de Esquerdas somos, humildemente, unha militancia e unha base social breada en represión e vulneración de dereitos desta índole. Por iso queremos deixar absolutamente claro que sentimos moito máis ca orgullo por esta mocidade combativa, revolucionaria e indubidabelmente solidaria como é, efectivamente, a que prenderon hoxe no corazón de Galicia. Sentimos admiración diante de xente así e de nós só van recibir o noso máis profundo e sincero respecto.

Reclamamos a inmediata posta en liberdade destas persoas que son exemplo, son o futuro. Nada que ver con esa porcallada que leva casco, porra e uniforme acolchado. Que vaian txakurrear ó seu país se lles deixan. 

Liberdade ás seis persoas detidas!
Solidariedade coa mocidade combativa.