26 de abril: Galicia continúa nas Marchas

As Marchas da Dignidade van continuar e en Galicia a plataforma estase a fortalecer. Como podes comprobar neste taboleiro o 26 de abril hai convocada en Teo unha gran Asemblea Nacional dos distintos sectores do noso país pra afianzar este proxecto e continuar a desenvolver accións anti-sistémicas de impacto global e co ollo posto no que se acorde facer no resto do Estado.

Non podes faltar. Mira o bus que máis te conveña e apúntate. Se non miras ben a imaxe, clica nela e xa se amplía o taboleiro cos horarios e lugares de partida.
Sen mobilización non hai solución!