A mocidade organízase ante o incremento da represión


Logo dos últimos acontecementos de violencia contra a mocidade galega vénse de crea-lo Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo e queremos convida-la xuventude e o estudantado cangueiro e de toda a Terra de Morrazo á asemblea aberta que se celebrará o vindeiro domingo 1 de decembro na Asociación Cultural Bou Eva (Rúa Terzo de Fóra, 11).

Trala asemblea aberta terá lugar unha charla na que explicarán os dereitos básicos que ten calquera persoa que asista a unha manifestación ou concentración, así como as recomendacións básicas en caso de sufrir unha detención.

O colectivo nace a raíz da necesidade de dota-lo estudantado de Vigo dun organismo de solidariedade e coordinación ante a crecente represión que está a sufrir o movemento estudantil vigués pero que, evidentemente, tamén é un problema da contorna e mesmo nacional. Por iso lanzamos esta convocatoria que esperamos que sexa do voso interese e que agardamos que difundades nas vosas canles.


Agradecementos de parte da ACE ó Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo polo convite.