A ACE condena as agresións contra menores por parte da policía española



A ACE condena a represión contra menores de idade e tamén contra calquera  persoa que lexitimamente se mobilice, queremos deixalo tamén claro. O vivido na xornada de folga estudiantil de onte en Vigo horrorízanos e, por tanto, pedímo-las consecuentes responsabilidades políticas e penais. Parte desas agresións están contidas neste video pero foron máis e habendo vítimas tamén que non tiñan a ver coas mobilizacións e que simplemente pasaban pola rúa.
E vai haber máis, o endurecemento da lexislación pra poder permitir actuar con maior liberdade a estes terroristas mentres se nos recortan dereitos e mentres se aboca o pobo a unha vida empobrecida e sen servizos indispensábeis. Estamos lexitimados pra responder estas agresións como consideremos oportuno.
Parémo-lo fascismo. Mobilicémonos, unámo-las loitas. É o único camiño.