Sotelo sobe os impostos


Pra empezar reclamámo-la asistencia ó pleno do xoves, quinta feira, 31 de outubro pra evitar este abuso do goberno local. A cuestión é que dende que empezou a mal chamada crise económica (provocada, non o esquezamos, polas entidades financeiras e alentada polos seus amigos da dereita) as clases traballadoras son quen están pagando os seus efectos negativos: perda masiva de empregos, baixada de salarios, precarización laboral, estafa das preferentes e subordinadas, perda de calidade en servizos básicos como o  ensino, a sanidade e os servizos sociais e un longo etc... Mentres, a banca e os grandes capitais aumentan cada día os seus beneficios a conta nosa.

Os gobernos do PP en Madrid e Santiago non fan máis que subirnos impostos que logo non se manifestan en obras e servizos para o pobo, senón que eses cartos, maioritariamente, son lapidados e  para enche-los seus petos e os do capital: suba xeralizada da contribución urbana, dos combustíbeis, do canon da auga, da luz... acompañada por conxelacións e baixadas de soldos, pensións e máis prestacións por desemprego, por copagos e repagos sanitarios e educativos...
 
A ACE, co apoio popular, tentará por tódolos meidos neste vindeiro pleno frea-las subas dos impostos. A rúa perfílase tamén como outra posibilidade. A mobilización popular guiada pola conciencia de clase é a arma que máis tema a dereita.
En Cangas, o PP e mais o seu socio de goberno súmanse tamén a esa orxía de subas que atentan contra as economías familiares e, despois de aproveita-la suba da contribución nun 50%, que vai continuar en vindeiros anos, despois de subir o ano pasado considerablemente o imposto de circulación de vehículos e subi-lo IPC nas taxas e servizos municipais, pretenden para este ano que vén, pola porta de atrás, seguir subindo as taxas (os salarios non soben, senón máis ben ó contrario) e establecer un novo recibo do lixo de 27 euros anuais por familia cando menos. É dicir, máis de 2 euros ó mes por familia e bastante máis aínda por comercios e establecementos, contaminen ou non. 

E o máis grave é que o Alcalde e compañía queren subi-lo recibo despois de propoñeren o mesmo (25 € ano) nunha asemblea da Mancomunidade que rexeitou a proposta. Agora queren facer vale-la súa maioría (co apoio de Faro Lagoa, non o esquezamos) para cola-la suba pola porta de atrás disfrazada de ordenanza mediambiental.

Contan dende o PP que estas subas son necesarias para afronta-lo plan de pagos polas débedas do Concello con empresas e entidades provedoras, mais o que non din é que para pagar esas débedas (derivadas de prestar sevizos) o Estado prestoulle diñeiro público á Banca ó 1% de interese, para que os bancos llelo prestasen ós Concellos ó 5%: NEGOCIO REDONDO Á CONTA NOSA, que pagamos a débeda e mais os grandes beneficios do capital.

 
Dende a ACE dicimosque xa está ben de estafas, a crise que a pague o capital que pra iso a provocou.
 

FAITE ESCOITAR! OPONTE Á SUBA INDISCRIMINADA DE TAXAS E IMPOSTOS ACUDINDO AO PLENO DO DÍA 31 DE OUBRO (XOVES), ÁS OITO DA TARDE NO CONCELLO!