Pazos reivindicará en pleno o aproveitamento público da antiga escola de Coiro

Parece ser, segundo afirmacións do concelleiro de Educación de Cangas en sesión plenaria, que a antiga escola unitaria de Coiro -máis tarde escola de educación infantil e hoxe sen uso educativo- é xa do Concello de Cangas con pleno dereito.

Pois ben, meses despois desas manifestacións, a este espazo necesario nunha parroquia que carece de múltiples infraestruturas, séguese sen sacarlle o máximo proveito para a comunidade, tal e como sería desexable.

Así, aínda que é utilizado por diferentes colectivos para desenvolveren o seu labor cultural e social, aínda non existe un plan de usos consensuado que permita optimizar as instalacións e a súa utilización por outros colectivos parroquiais tamén con necesidades de espazo.

A maiores, no exterior dos edificios hai un pequeno parque infantil que non pode ser utilizado porque o recinto permanece fechado a maior parte do día. E en Coiro non sobran os lugares de lecer precisamente.

Por iso, este Grupo Municipal diríxese ao Pleno da Corporación para solicita-la aprobación dos seguintes puntos:

1.- Instar ó goberno municipal a elaborar un plan de usos para os dous edificios, que permita a súa utilización por parte dos colectivos culturais e sociais da parroquia, debatido e consensuado primeiro con todos eles.

2.- Instalo tamén a mellorar as instalacións na medida do posible e abrir ao público o parque infantil existente no exterior para que cumpra a súa función de espazo público de lecer.