Abalo quere que se aprobe a caducidade da licenza do edificio da Regueira

A moción será debatida este 31 de outubro. Coñecida a noticia polos medios de comunicación dun acordo por parte do Concello de resolve-la caducidade da obra da Regueira, este grupo municipal da ACE, séndomos coñecedores de tal decisión non se chegou a executar administrativa e legalmente (debido a que existen enormes irregularidades e ilegalidades, e mesmo recursos sen resolver) entendemos que procede apoia-la anunciada decisión de declara-la caducidade da licenza, aínda que a maiores tamén somos conscientes de que existen razóns sobradas pra suspendela.
 
Por tanto, solicitamos do pleno a adopcións dos seguintes acordos:
 
- Que o pleno da corporación apoie a decisión de declarar e aprobar a  caducidade do edificio da licenza do edificio da Regueira, executándose este acordo no tempo máis inmediato posíbel pola Xunta de Goberno Local.
 
- Que, non obstante, continúen os expedientes de protección e restauración da legalidade urbanística e os correspondentes expedientes sancionadores, evitando así a prescrición e a caducidade dos mesmos.