A ACE chama o pobo a acudir ó vindeiro pleno do 31 de outubro

A Alternativa Canguesa de Esquerdas fai un chamamento ó pobo de Cangas pra que acoda sen reservas á vindeira sesión plenaria onde o goberno local pretende subi-las taxas e o recibo do lixo.  Xa subiron o IBI, a antiga contribución, e agora máis unha vez toda a carga  vai ir pra a veciñanza. A forma de evitalo e acudíndomos todas e todos ó pleno xa que, como vimos dicindo tanto na esfera local como nacional, sen mobilización e sen unidade non vai haber solucións. A nosa concelleira e os nosos concelleiros non son nada sen ti.
Non quedes na casa!