A AGE critica duramente a política fracasada do Partido Popular



O voceiro de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, criticou na última sesión parlamentaria a política "irracional e fracasada" pola que o Partido Popular continúa a apostar tal e como quedou de manifesto na presentación do límite de gasto financieiro para o 2014 e que supón unha nova agresión e ataque ás clases populares e traballadoras deste país.