Ningunha primavera máis sen Carlos

A Alternativa Canguesa de Esquerdas quere solidarizarse con Carlos e os seus achegados por atoparse este nunhas duras condicións de preso político. A seguir achegamos, por un lado, a entrega do Premio Vidal Bolaño -que outorgan as Redes Escarlata- ó blogue "DE VOLTA PARA LOUREDA" que reflexiona e busca apoios para a liberación de Carlos aínda que tamén doutras presas e presos políticos.  Despois achegámosvos un fermoso documento con opinións de coñecidas e coñecidos persoeiros da vida pública galega. Saúde e Terra!