A ACE coa revolta popular en Turquía

Despois de que os movementos populares da chamada Primavera Árabe foran usurpados, en Exipto e Túnez, por un islamismo político que pretende pór en práctica a máxima de Lampedusa -cambialo todo para que todo siga igual-, o que sabemos do acontecido en Turquía nestes días, as imaxes con lume nas rúas e bandeiras vermellas, amosan a vontade da clase traballadora turca organizada de non se someter ao mandato do Capital, tampouco na súa face islámica.
Temos que denunciar, ademais, o contraste entre a censura desta rebelión popular en curso en Turquía e o tratamento informativo detallado e completamente tendencioso do conflito en Siria, no que outra vez son recrutados yihadistas para derrubar un goberno laico baazista. Este contraste informativo amosa, por se restaba algunha dúbida ao respecto, que o Gran Capital occidental aposta por réximes relixiosos, machistas, autoritarios e neoliberais para o goberno destes países.
A Alternativa Canguesa de Esquedassaúda pois, con entusiasmo, o nacemento desta primavera de signo popular, laico e revolucionario, encamiñada na dirección dunha sociedade máis xusta, libre e igualitaria.




Os comunistas turcos cargan contra a policía.