A ACE co movemento LGBT

 
CONVOCATORIA ABERTA A PARTICIPACIÓN E ADHESIÓN NO ORGULLO LGTB “LIBERDADE SEN RECORTES”. SÁBADO 29 DE XUÑO ÁS 19.30H SAÍDA FAROLA URZAIZ, VIGO
 
Pasado un ano dende o último Orgullo celebrado, non podemos nin contar todas as veces nas que, tanto nós coma outros colectivos sociais, saímos e tomamos as rúas como resposta aos ataques perpetrados contra os nosos dereitos e que xogan con eles e coas nosas liberdades como se ningún valor tivesen.
 
As mulleres e homes LGTB estamos vivindo agresións que non teñen nada de novo, mais que están intensificadas nestes tempos nos que lles restan valor aos nosos dereitos fronte a prioridade da crise ou a moral e dogmatismo dos partidos e gobernos.
 
Pero non somos suxeitos que respondemos a unhas cores partidistas, somos mulleres e homes, lesbianas, gais, transexuais e bisexuais plenas en dereitos e cidadanía. Por todo iso, este orgullo non é un calquera. É un orgullo a cuberto, un orgullo de defensa e un orgullo de resistencia. E queremos que sexa un orgullo cidadán, un orgullo máis social e representativo. Un orgullo que amose o gran descontento social e o respaldo das nosas loitas pola sociedade en xeral e por outros movementos sociais.
 
Cuba sitúase hogano na vangarda no tocante a dereitos para o colectivo LGBT
 Estas son as nosas frontes nas que queremos que vos unades:
 
- Denunciar a situación da mocidade LGTB nas aulas. Moitxs sofren acoso escolar por ser lesbianas, gais, transexuais, bisexuais ou por ter unha expresión de xénero non normativa.
 
- Esiximos un compromiso real das institucións locais e autonómicas coa instauración de políticas de prevención e respecto á diversidade nos centros escolares.
 
- Esiximos programas formativos para educadores sobre esta realidade que garanta unha atención eficaz e o establecemento de protocolos nos centros para dar resposta aos ataques lgtbfóbicos que se dean nas aulas; así como a volta da materia de Educación para a Cidadanía que garanta a educación en valores e en Dereitos Humanos.
 
- O dereito á saúde deixa de ser un dereito fundamental coas políticas de axuste actuais, polo que:
 
   - Esiximos que todas as persoas, independentemente da súa orixe ou situación legal sexan atendidas, especialmente persoas inmigrantes en situación irregular que viven con VIH e que son desatendidas polas institucións sanitarias.
  - Reclamamos responsabilidade ante a resposta ao VIH e outras ETS, e que sexan consideradas prioridades. A falta de información e formación está supoñendo a diminución da percepción de risco e o aumento das infeccións e os recortes en prevención implican maiores gastos nun futuro.
  - Denunciamos a invulnerabilidade coa que algúns políticos contan para ameazar con recortes na financiación dos tratamentos para persoas transexuais.
 
  - Reclamamos que as mozas e mozos transexuais podan acceder a estes tratamentos mediante un proceso normalizado e protocolarizado, e que sexan atendidxs por persoal sanitario coa formación necesaria en cuestións específicas que afectan a transexuais pero tamén a gais, lesbianas e bisexuais.
 
  - Denunciamos, como cada ano, que na Galiza a mulleres lésbicas e bisexuais négaselles o acceso á reprodución asistida no sistema sanitario público, con escusas que nos din que as nosas familias non son iguais e non temos os mesmos dereitos. Pero esa inxerencia do estado e da xerarquía eclesiástica nos dereitos das mulleres vai máis aló, as mulleres, todas e en calquera situación e circunstancia, teñen a capacidade e o dereito de decidir sobre o seu propio corpo, sobre a súa maternidade e sexualidade, esiximos o dereito ao aborto libre, gratuíto e na sanidade pública.
 
  - Visibilizamos a situación de especial vulnerabilidade das persoas LGTB no eido rural, que afrontan máis dificultades para asumir e facer visible a súa orientación ou identidade debido ao rexeitamento social e a falta de recursos.
 
- Denunciamos as accións do goberno local no acaparamento de espazos propios da cidadanía que implican, no caso do noso colectivo, unha desarticulación do movemento lgtb, débil de por si, e da forza das reivindicacións debido a división pola duplicidade de actos e que nos invisibilizan a pesar dos intentos de coordinación e apoio realizados.


Asina aquí ofrecendo o teu apoio como entidade.

Asina aquí o teu apoio individual.