Outras folgas xerais son necesarias


 
Tódolos venres dende hai case un ano estámonos a mobilizar coa CUT e outros colectivos sociais polas rúas de Cangas contra a barbarie dos recortes e os embates do capital. Pensamos que a mobilización permanente é a única solución ó problema da clase traballadora. Noutros lugares, como Guipúskoa, onde esta conta con máis poder político acaban de conseguir, en boa media, sortear boas partes do prexuízos que carrexa a reforma laboral. Que ninguén diga ou non se mobilice por dicir que non se poden conseguir obxectivos.
 
Seguiremos tódolos venres, agora a partir das 21:00 horas, marchando polas rúas de Cangas dende a Casa do Concello e buscaremos novos vieiros para diversifica-la mobilización. Non se nos escapa a necesidade de máis folgas xerais como unha das últimas que se reflicte neste video coa intervención moi aproveitábel de Manolo Camaño.