ACE intensifica a súa presenza na rúa

ACE chama a tódolos veciños e veciñas da comarca a participar nas mobilizacións que convoca a CUT, o movemento 15M e outros colectivos tódolos venres dende diante da Casa do Concello de Cangas. As convocatorias volven ser ás 20 horas e esperamos intensifica-las reivindificacións perante os últimos acontecementos no país e no Estado cos inadmisíbeis atropelos dos desafiuzamentos, a estafa bancaria, os recortes sociais, os recortes laborais, a corrupción ou a represión.

O pasado sábado 16 de febreiro saímos á rúa coa Plataformas de Afectados pola Hipoteca que están a atravesar unha difícil situación. Amais da nosa militancia non faltaron os nosos concelleiros e concelleira Maruchi Álvarez, Mariano Abalo e Xosé Manuel Pazos. Dende aquí a nosa solidariedade e apoio real. O que non entendemos son certas pretensións de algunhas organizacións de controla-la plataforma (o noso espírito é asembleario) e menos aínda a desmovilización á que nos teñen acostumado en momentos tan duros e nos que o pobo e os afectados piden accións efectivas. Nós, a Alternativa Canguesa de Esquerdas, seguiremos a dálas.
 
Mobilización do 16 de febrero do 2013 a prol dos afectados pola hipoteca.