Gran acto de campaña da AGE este domingo 14 en Cangas

Ás 12:·30 da mañá, este domingo 14 de outubro, a Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) desenvolverá un acto central na nosa bisbarra. Presidirá o acto o propio Mariano Abalo, un dos principais propulsores desta coalición de fronte popular autodeterminista composta polo movemento de Anova, EU, Equo e o Espazo Ecogaleguista.

O mitin contará coa especial asistencia do camarada, histórico combatente da política e das letras, don X.L. Méndez Ferrín pra logo dar paso ó noso concelleiro e exdeputado, o compañeiro X.M. Pazos. Contaremos, evidentemente con Xan Fajardo, nº1 da nosa lista por Pontevedra e con Iolanda Díaz.

Do mesmo xeito, alén de que cómpre difundir este acto, lembramos que se está a desenvolver unha gran campaña na comarca, dende Vilaboa a Marín pasando por Moaña, Cangas e Bueu. Participa e colabora tódolos días a partir das 17:00 horas no local da FPG de Cangas (rúa da Guarda). Hai traballo de sobra, hai asembleas, hai debate como o houbo antes e o haberá despois do 21 de outubro. Na nosa forma de entende-la política, o pobo ten a voz porque o pobo é quen máis ordena.

Hai que paralos! Por Cangas e pola Terra de Morrazo que non sexa!