Actos electorais da AGE na última semana de campaña

 O mitin da AGE no auditorio o pasado domingo foi un éxito concentrando a nada menos que 434 persoas. Nesta última semana imos abordar de cheo o traballo parroquial profundizando máis nas redes veciñais e en todo o tecido asociativo. Lembramos ós militantes, simpatizantes e demais veciños que estamos a quedar tódolos días no local da FPG pra traballar nesta campaña, a  campaña do cambio en Galicia. 

A seguir velaí tedes algúns mítines desta semana. Iremos pondo máis:

Martes 16 de outubro ás 20:00
Vilaboa, Casa da Cultura de Riomaior 
Falarán X. Cáccamo (Anova), Carlos Núñez (EU) e os restantes candidatos da AGE da Terra de Morrazo.

Mércores 17 de outubro ás 20:30
Casa da Cultura do Seixo (Marín)
Falarán X.M. Pazos, Manolo Camaño, Xandra Pesqueira e X. Cáccamo.

Mércores 17 de outubro ás 20:30
Escola Vella do Hío
Falarán Mariano Abalo e Daniel Gutiérrez.

Abalo e Ferrín no mitin do Auditorio Municipal o pasado domingo 14 de outubro