III Festival da Cultura Proletaria

Este sábado 22 de setembro non podes faltar ó III Festival da Cultura Proletaria organizado pola CUT. Terá lugar no adro das festas de Darbo e a festa, a música e as actividades culturais estenderanse dende primeira hora da tarde ata ben entrada a noite.