Os mariñeiros de Mauritania encabezan a mobilización contra os recortes

O pasado día 17 de agosto Cangas e Moaña saíron á rúa para mostrar, máis unha vez, o rexeitamento popular ás medidas económicas e de recortes que está a levar a cabo o goberno do Partido Popular. En Bueu, tendo lugar tódolos xoves, celebrouse a concentración o día 16 na explanada de Massó.

Como de costume, a concentración cangueira rematou en manifestación polas céntricas rúas da vila chamándose á rebelión e á loita unitaria entre unha morea de pancartas e carteis con reivindicacións de toda índole e marcando así o carácter global e plural destas mobilizacións. Durante esta concentración, na quenda de fala, tomou o papel de presentadora a coñecida actirz independentista Mónica Camaño. Coa elocuencia que a caracteriza, deu paso a unha tríada de axentes sociais que quixeron toma-la palabra. Referímonos a unha representante do 15M (Ana), o voceiro da Plataforma de Afectados polas Preferentes de NCG (Juan Carlos Vilariño) e a activista de Érguete (Carmen Avendaño).

A manifestación en Cangas iniciouse dende a Casa do Concello e rematou na Alameda Vella.
 Na manifestación de Cangas tivo un peso fundamental a reivindicación a prol do colectivo mariñeiro afectado polas negociacións verbo da flota que operaba en Mauritania ata a semana pasada. Lembremos que foron 24 os barcos que están condenados ó despece e 400 os postos de traballo afectados de forma directa. Non hai dúbida de que é un golpe moi grande pra a Terra de Morrazo. Por iso a pancarta de cabeceira da marcha recollía esta problemática con mariñeiros deste caladoiro á fronte. Asemade, o discurso de Manolo Camaño dende o palco da Alameda Vella tamén incidiu notoriamente neste asunto pra reclamer un novo acordo de España e da UE co país africano. Logo tamén se referiu a cuestións máis globais como os recortes e o sindicalimo claudicante pra rematar solidarizándose, unha semana máis, coa loita xornaleira andaluza. 

Pra rematar, lembrar que as mobilizacións en Cangas suspéndense ata setembro con moitovo das festas locais e tanto dende ACE, a CUT e de parte de tódolos veciños e colectivos participantes agradecemos profundamente ó equipo de Galiza Contrainfo que fixese unha estupenda reportaxe das mobilizacións acaecidas aquí en Morrazo.

O pobo marchou non só contra os recortes senón tamén pola problemática mariñeira.