A ACE actúa contra a corruptela na área de Persoal

A Alternativa Canguesa de Esquerdas, sendo coñecedora das inadmisíbeis irregularidades que se están a cometer en materia de contratación, vén de toma-la primeira das medidas para tratar de normaliza-lo que vén acontecendo dende a entrada da dereita no goberno de Cangas. Deste xeito, a nosa concelleira Maruchi Álvarez, en aplicación do disposto no artigo 77 da lei 7/1985 do 20 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, presentou un documento con data do 15 de Nadal onde se lle solicitan ó goberno os seguintes informes:

1) Resolución da Alcaldía onde se acorda a contratación temporal dun Auxiliar Administrativo para prestar servizos na Casa da Xuventude.

1.1) Contratos e prórrogas asinadas en relación con esta praza.

1.2) Informes de Intervención e Secretaria en relación con esta praza.

2) Resolución de Alcaldía onde se acorda a contratación para cubrir unha praza vacante por IT (Incapacidade Temporal) no conservatorio para atende-lo posto de profesor/a de piano.

2.1) Contrato de traballo relacionado con esta praza.

2.2) Informes de Intervención e Secretaria en relación con esta praza.

3) Bases para elección e confección dun listado de contratacións de limpadoras/es de edificios públicos elaboradas no ano 2007.

3.1) Resolucións de Alcaldía do mes de decembro de 2011 onde se acorda a prórroga de contratos de duración determinada (3 meses) de limpadoras de edificios públicos.

3.2) Prórrogas dos contratos relacionados con estas prazas.

3.3) Informes de Intervención e Secretaria en relación con estas prórrogas de contrato.