A Escola Municipal de Teatro pende dun fío


O noso partido, a través dunha moción presentada por Xosé Manuel Pazos, e diante das novas contraditorias coñecidas a través dos medios de comunicación sobre a continuidade da ESCOLA MUNICIPAL DAS ARTES ESCÉNICAS DE CANGAS (EMAEC) vese na obriga de presentar unha queixa e de esixir explicacións ó pobo de Cangas e ós mesmos alumnos da Escola que poden sofrer, ademais, unha merma cualitativa na súa instrución dramática. Do mesmo xeito, consideremos que non é o idóneo o método escollido para a adxudicación da nova etapa da Escola (ou do seu enterro) dado que dubidamos de que houbese algún tipo de concurso público. E xa que o concelleiro responsábel da área de Cultura non convocou comisión ningunha para informar a esta corporación, o grupo municipal da ACE solicita a comparecencia do Sr. Gestido Porto na próxima sesión plenaria deste mes de novembro para aclarar todo o relativo ó proceso de adxudicación e ó seu papel na intervención sobre o mesmo.