Documentos e propostas da ACE

Programa electoral 2011

Nesta ligazón podedes descargar un díptico cun resumo do que será o noso programa electoral, ademais de coñecer quen son os nosos candidatos. O ficheiro está en formato PDF polo que tedes que abrilo co Acrobat Reader ou outro programa similar.



DÍPTICO ACE MUNICIPAIS 2011






Proposta de ACE na defensa do patrimonio industrial de Cangas


Aquí vos deixamos a nosa proposta para recuperar e poñer en valor o patrimonio industrial espallado polo litoral de Cangas. Dende a Alternativa Canguesa de Esquerdas entendemos que a ausencia de espazos de lecer, de comunicación e de cultura para a mocidade se podería solucionar coa vontade de recuperar as factorías das antigas conserveiras existentes no noso concello, hoxe comestas por silveiras e especuladores. Ademais, estas instalación poden ser o xérmolo de actividades económicas sustentables que potencien a creación de emprego en Cangas. Que isto sexa así, depende de ti. O 22 de maio ti decides.
Este traballo está realizado baixo licenza Creative Commons 3.0 e contou na súa realización con material gráfico publicado nesa mesma licenza por C. Carracelas e Asociación Buxa.

Proposta defensa do patrimonio Industrial. Cangas do Morrazo. ACE. Alternativa Canguesa de Esquerdas