Mitin en Balea, Darbo, e encontro coas Asociacións Culturais en Cangas

Hoxe a candidatura da Alternativa Canguesa de Esquerdas vai até Balea, Darbo, para explicarlle á veciñanza a liña mestra do seu programa electoral e tamén para escoitar as achegas que por parte dos veciños e veciñas da zona se queiran facer. Intervirán Xosé Manuel Pazos e Mariano Abalo e a cita será ás 20:00h no Bar O Pavo.
Por outra banda, ACE convocou tamén para hoxe as asociacións culturais do concello a unha reunión ás 17:30h no local da ACE na rúa da Guarda. Como actores principais do traballo socio-cultural que se desenvolve en Cangas, ACE quere coñecer as opinións destes colectivos e as súas prioridades para que o labor municipal do noso grupo facilite o mellor posible o traballo destes colectivos.