MITIN CENTRAL DE ACE

Mañá xoves 19 de maio, a Alternativa Canguesa de Esquerdas realizará o Mitin Central desta campaña das municipais 2011. Será no Auditorio Municipal de Cangas, ás 20:30h. Alén de varias persoas integrantes da candidatura, temos a honra de contar con dous convidados de excepción. Xosé Luis Méndez Ferrín, membro do Comité Central da FPG e mais Anxo García Seoane, alcalde de Oleiros durante máis de 20 anos e referente clave da esquerda galega.