Asemblea da ACE. Mércores 25 maio. 20:00h

Compañeiras e compañeiros, hoxe temos unha asemblea aberta ás 20:00h no local da rúa da Guarda, -local da FPG-, onde faremos unha análise polo miúdo dos resultados electoriais acadados pola nosa formación no concello e do mapa electoral saído destas votacións, co obxectivo de trazar as liñas mestras da actuación do noso grupo municipal na vindeira lexislatura. Cómpre tomarmos folgos para encetar esta nova andaina, estes 4 anos, onde o traballo da ACE vai ser de novo fundamental para que a esquerda real estea presente no concello, para que a voz do pobo, a voz dos traballadores e traballadoras, sexa escoitada.
Quedades todas e todos convidados a asistir e expresar as vosas opinións respecto dos temas a tratar esta tarde.
Saúde!